A Xunta lanza cursos de idiomas para "mellorar a acollida ao peregrino"

Vén de convocar máis de 1.000 prazas limitadas a persoal do sector turístico.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2022 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia convocou máis de 1.000 prazas en cursos de idiomas para "mellorar a calidade do sector e a acollida de peregrinos e turistas internacionais". A través de Turismo de Galicia habilítanse, gratuitamente, un total de 1.100 prazas, "un 22% máis que as 900 de 2020", explica o Goberno autonómico nun comunicado.

"A formación diríxese aos profesionais do sector turístico galego co obxectivo de mellorar os seus coñecementos en inglés, francés, alemán, italiano e portugués", indican. A formación será flexible e adaptada ao nivel de cada alumno, con 12 niveis no caso de inglés, ademais do A1 en francés e italiano, A2 e B1 en portugués, e A1 e A2 en alemán.

Os alumnos poderán compaxinar os cursos coa súa profesión turística "ao ter dispoñibilidade horaria para facela", cun total de 12 semanas de formación e 75 horas de aprendizaxe repartidas en dous períodos: un de seis semanas de maio a xuño e outro doutro seis semanas de setembro a outubro.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo en funcións, Alfonso Rueda, recibe a alumnos e docentes do Colexio Cristo Rei (Ferrol) que realizaron o Camiño de Santiago con motivo do Xacobeo.. DAVID CABEZÓN
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo en funcións, Alfonso Rueda, recibe a alumnos e docentes do Colexio Cristo Rei (Ferrol) que realizaron o Camiño de Santiago con motivo do Xacobeo.. DAVID CABEZÓN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta