O campionato de España de MTB de policías locais celebrarase na Coruña

O organizador da proba, Alberto Sánchez García, estivo nos últimos días promocionando a proba nas Illas Canarias co fin de atraer participantes da devandita comunidade aproveitando a nuevaruta directa operada por Binter que enlaza A Coruña con Las Palmas de Gran Canaria.

Por E.P. | A CORUÑA | 11/05/2022 | Actualizada ás 17:08

Comparte esta noticia

A Coruña acollerá os días 23 e 24 de setembro a vixésimo cuarta edición do Campionato de España de MTB de Policías Locais, segundo informa o consistorio.

A cita, organizada pola Policía Local coruñesa a través da Asociación Cultural e Deportiva da Policía Local, e coa colaboración do consistorio, congregará na cidade a unhas 250 persoas, con participantes nas distintas categorías das probas e procedentes dun centenar de municipios de toda España.

O organizador da proba, Alberto Sánchez García, estivo nos últimos días promocionando a proba nas Illas Canarias co fin de atraer participantes da devandita comunidade aproveitando a nuevaruta directa operada por Binter que enlaza A Coruña con Las Palmas de Gran Canaria.

Ciclistas deste municipio e tamén procedentes de Lanzarote teñen confirmada xa a súa presenza na proba herculina, que contará co apoio de Turismo da Coruña.

Campionato de España de policías locais. CONCELLO DA CORUÑA
Campionato de España de policías locais. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta