Por E.P. | A CORUÑA | 11/05/2022 | Actualizada ás 19:49
O departamento de Cultura da Deputación da Coruña destina este exercicio 125.000 euros para apoiar a distribución, comercialización e exhibición audiovisual en lingua galega na provincia. O prazo de presentación de solicitudes terminará o 31 de maio e o importe máximo por beneficiario é de 30.000 euros.
Esta liña de axudas inclúe o apoio aos contidos audiovisuais galegos, como longametraxes, curtametraxes, ou documentais, entre outros, feitos en Galicia, para a súa distribución e exhibición en lingua galega. Por outro, estará o apoio á distribución en lingua galega de contidos audiovisuais non feitos en Galicia.
En 2021 a Deputación achegou 96.352,67 euros para que oito películas puidesen chegar ao público na provincia. Entre eles, "A virxe roxa", de Marcos Nine; "Nación", de Margarita Ledo ou "Negro púrpura", de Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.