Inditez comezará a usar tea reciclada nas súas prendas a partir de 2024

O xigante afincado en Arteixo vén de anunciar un acordo de colaboración cunha empresa dedica á produción de fibras a base de residuos téxtiles.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2022 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

Inditex e Infinited Fiber Company subscribiron un acordo de colaboración co obxectivo común de promover tecnoloxías innovadoras para avanzar cara á "circularidade téxtil", segundo anunciou a compañía galega. En concreto, a firma fundada por Amancio Ortega comprométese a comprar durante tres anos, por máis de 100 millóns de euros, o 30% do volume de produción futuro de Infinna, unha fibra téxtil elaborada por Infinited Fiber Company e que pode ser creada integramente a partir de residuos téxtiles.

Este compromiso de compra é significativo para os plans de Infinited Fiber de escalar a súa tecnoloxía de reciclaxe a través da súa primeira fábrica con gran capacidade industrial, que comezará as súas operacións en 2024, data a partir da cal Inditex empezará a comprar Infinna.

Este proxecto forma parte do 'Sustainability Innovation Hub' de Inditex, unha plataforma de innovación aberta que traballa con start-ups, institucións académicas e centros tecnolóxicos para promover e escalar iniciativas innovadoras de novos materiais, tecnoloxías e procesos que reduzan a pegada ambiental dos produtos de moda e axude a avanzar cara a solucións sustentables e circulares.

Infinited Fiber Company desenvolveu unha solución innovadora para converter materiais con alta composición de celulosa -como as pezas desgastadas- e algodón na fibra rexistrada Infinna, que destaca por un tacto e aspecto similares ao do algodón, e pode ser reciclada de novo no mesmo proceso xunto con outros residuos téxtiles.

Mediante esta fibra, Inditex poderá continuar minimizando o uso de recursos virxes e seguir avanzando cara a un modelo de produción circular. Como parte desta colaboración, Zara lanzou tamén este xoves a primeira cápsula que incorpora esta innovadora fibra, procedente na súa maioría de pezas proporcionadas por Cáritas, entidade colaborada no programa de recollida de roupa usada de Zara.

Arquivo - Edificio de Zara en Arteixo. INDITEX - Arquivo
Arquivo - Edificio de Zara en Arteixo. INDITEX - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta