Xuízo a dous policías da Pobra por agredir a un músico e mentir no atestado

A Fiscalía pide 17 anos de prisión para os axentes, aos que acusa tamén de retención ilegal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2022 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

Os dous policías da Pobra do Caramiñal acusados de lesións, falsidade documental e retención ilegal contra un músico ambulante e a súa irmá, ratificaron este xoves a súa versión no xuízo que se iniciou na sede compostelá da Audiencia Provincial. Aseguran que foi o home o que se encarou primeiro con eles, que se viron obrigados a utilizar a súa defensa regulamentaria para reducilo.

O Ministerio Público pide para eles 17 anos de prisión por delitos de lesións, un delito de falsidade en documento oficial e dous delitos de detención ilegal. Tamén lles insta a pagar ao home unha indemnización de 4.000 euros e á muller de 2.000 euros. Segundo narra o escrito de acusación, e relataron esta mañá os implicados, os feitos sucederon en marzo de 2014, cando o home e uns amigos atopábanse tocando música na rúa. Os dous axentes, que estaban de patrulla, dirixíronse ao home para pedirlle que deixase de tocar e tentaron quitarlle os instrumentos, algo ao que el negouse alegando que non tiñan dereito.

As contradicións aparecen xa ao comezo da disputa, posto que o home, que non quixo responder os letrados dos axentes, insiste en que "en ningún momento lle pediron que deixase de tocar" nin el se mostrou violento cos axentes, que tentaron directamente quitarlle os instrumentos e golpeárono.

Narra que o inmobilizaron "suxeitándoo polo pescozo coa porra extensible, co que tiña dificultades para respirar" e que cando quixo apartarse, os axentes comezaron a golpealo de forma repetida en cara, cabeza, costas, brazos e pernas, mentres dicían frases como "este debe de ser o último que saltou a valla" ou "a este había que pegarlle un tiro e listo". Matiza ademais que mesmo chegaron a romperlle a sudadera que vestía.

Os axentes, pola súa banda, aseguraron que utilizaron a forza apropiada dada a situación e o comportamento violento do home. Segundo a súa versión, o binomio patrullaba pola zona cando escoitaron ruído na rúa na que o home estaba a tocar xunto a uns amigos. Dadas as horas, e en base á ordenanza municipal, pedíronlle desde o coche que deixase de tocar.

Ao non responder, achegáronse a insistirlle, momento en que din que o home se encarou cun deles, chegando a golpealo e a tiralo ao chan. É por iso, coinciden os axentes, que o segundo policía tivo que utilizar a súa porra extensible para reducilo, agarrándoo polo pescozo.

A IRMÁ DO MÚSICO

Onde si presentan máis similitudes as versións é na intervención da irmá do home, que ambas as partes recoñecen. Ao parecer, a muller dirixíase a casa do seu irmán --que vive nesa mesma rúa-- cando viu os feitos e tentou separar aos policías do home mentres gritaba "soltade ao meu irmán".

A muller contou que os axentes a golpearon e tiraron do pelo, algo que os policías xustificaron pola súa intromisión, na que ademais, inciden, tamén golpeou aos propios axentes. Ela foi detida e trasladada a dependencias policiais, aínda que sinala que nunca lle foi solicitada identificación nin lla informou dos motivos da detención ou dos seus dereitos. O home foi trasladado pola súa muller ao centro hospitalario de Barbanza, onde lle realizaron un parte de lesións. Tras isto, tamén foi detido.

Acusóuselles dun delito de desobediencia e resistencia á autoridade. Segundo indicou a Fiscalía nun comunicado, os axentes elaboraron un atestado falso no que narraban uns feitos "totalmente" afastados da realidade para "eludir todo tipo de responsabilidade. O músico e a súa irmá foron postos en liberdade tras prestar declaración xudicial.

Tras os protagonistas dos feitos compareceron, en calidade de testemuñas, outros axentes que participaron dalgunha forma na actuación. Ningún deles achegou nada diferente máis aló do xa explicado polos axentes acusados e algúns comentaron non lembrar informacións máis concretas, dado que os feitos tiveron lugar en 2014. O xuízo continuará este venres coas declaracións das testemuñas presenciais e as conclusións das partes.

Praia de Cabío, na Pobra do Caramiñal
Praia de Cabío, na Pobra do Caramiñal | Fonte: turismo.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta