Confirmado como caso de violencia de xénero o asasinato dunha galega en Tenerife

O marido da vítima segue baixo custodia policial.

Por Europa Press / Redacción | SANTA CRUZ DE TENERIFE | 12/05/2022 | Actualizada ás 15:36

Comparte esta noticia

A Delegación do Goberno en Canarias confirmou este xoves que o asasinato dunha muller galega de 83 anos presuntamente a mans do seu marido na tarde deste mércores en Arona (Tenerife) é un caso de violencia de xénero, unha vez avanzou a investigación da Policía Nacional.

Manifestación contra a violencia machista | AXM
Manifestación contra a violencia machista | AXM

Os feitos producíronse ao redor das 16.30 horas cando os axentes da Policía Nacional se personaron nunha vivenda, por mor dunhas chamadas veciñais ao 112, e atoparon o cadáver da muller, con feridas de arma branca, xunto ao seu marido.

O home, de 84 anos, atópase nun centro sanitario baixo custodia policial para recuperarse das súas feridas. A parella, ambos os dous residentes en Galicia, atopábase no sur da illa pasando unha tempada de vacacións e non constan denuncias por violencia de xénero.

O Cabildo de Tenerife e o Concello de Arona celebraron este xoves concentracións e un minuto de silencio en repulsa polos feitos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta