A Deputación da Coruña selecciona 20 propostas dentro do Fondo Reino de Galicia de proxectos culturais

A institución provincial informa da celebración o 17 de maio na praia de Barraña, en Boiro, da segunda proba do I Circuíto provincial de Piragüismo Deputación da Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2022 | Actualizada ás 19:07

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña seleccionou 20 propostas dentro da iniciativa Fondo Reino de Galicia de proxectos culturais, segundo informa o organismo provincial, que destaca o número de solicitudes recibidas e a súa "alta calidade".

Nelas, hai propostas escénicas, musicais, de edición e literatura, proxectos audiovisuais, animación en 3D, unha web sobre fortalezas, un cartafol de ilustracións e un estudo sobre tipografía medieval.

Noutra orde de cousas, a institución provincial informa da celebración o 17 de maio na praia de Barraña, en Boiro, da segunda proba do I Circuíto provincial de Piragüismo Deputación da Coruña.

Ademais dá conta de distintas actuacións en materia de seguridade viaria, como as obras de mellora na DP-1002 ao seu paso polo concello de Boimorto e na estrada DP-8001 de Cruces a Penablanca, no municipio de Sobrado.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo, presentan as axudas do Plan de Emprego Local. TORRECILLA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo, presentan as axudas do Plan de Emprego Local. TORRECILLA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta