Os prezos dispáranse en abril un 9,1% en Galicia, oito décimas máis que a media estatal

O incremento é semellante o de marzo, cando subiron 10,5%.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 13/05/2022 | Actualizada ás 09:55

Comparte esta noticia

O índice de Prezos de Consumo (IPC) subiu en abril un 9,1% en Galicia, en comparación co mesmo mes de 2021, o que supón un crecemento oito décimas superior ao da media nacional.

Segundo datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press, os prezos volveron dispararse o mes pasado, tras o incremento do 10,5% rexistrado en marzo en Galicia, tamén por encima do 9,8% da media do total de España.

En comparación co mes anterior, en abril o IPC mantívose estable, mentres que no que vai de ano os prezos incrementáronse xa un 3,7%. A nivel estatal, o Índice de Prezos de Consumo baixou un 0,2% en abril en relación ao mes anterior e recortou a súa taxa interanual 1,5 puntos, ata o 8,3%, polo abaratamento da electricidade e as gasolinas, sempre segundo os datos definitivos publicados este venres polo INE.

Estas cifras melloran os datos adiantados polo organismo a finais do mes pasado, que apuntaban a unha inflación interanual do 8,4% en abril e a unha taxa mensual do -0,1%.

Unha muller enchendo nunha gasolineira
Unha muller enchendo nunha gasolineira | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta