Estes son os 14 puntos para participar na consulta popular sobre monarquía ou república este sábado

A Plataforma Consulta Popular Estatal "porá as urnas en todo o Estado español" este sábado baixo o lema 'Ti decides'.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 13/05/2022 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

A Plataforma Consulta Estatal Monarquía ou República instalará urnas este sábado en 14 localidades galegas para que as persoas maiores de 16 anos poidan opinar sobre que modelo de Estado prefiren. Organizacións políticas como Unidas Podemos, Esquerda Unida e o Partido Comunista de Galicia colaborarán neste "referendo non vinculante".

Monarquía versus República.
Monarquía versus República.

Así, na provincia de Pontevedra haberá puntos de votación nos municipios de Baiona --nas proximidades do convento das Dominicas--; en Gondomar --Avenida Conde de Gondomar--; na Illa de Arousa --Praza do Campo--; en Nigrán --Parque da Ramallosa--; Ponteareas --na esquina entre a rúa Morales Hidalgo Número 2 e rúa Esperanza--; en Pontevedra; no Porriño --Praza do Arquitecto Antonio Palacios--; no Grove --Rúa Castelao--; e Vigo.

Na cidade olívica haberá catro mesas de votación: no farol de Urzáiz, na Asociación de Veciños de Lavadores, na Praza da Independencia e no Mercado do Calvario.

Na provincia da Coruña, a cidadanía que así o desexe poderá votar en Boiro --rúa Doutor Santos Mieites--; en Ferrol; na Coruña --Obelisco--; e Santiago de Compostela.

Na maioría de puntos, a votación estará aberta entre as 10,00 horas e as 15,00 horas, mentres que en Lugo estará dispoñible entre as 10,00 horas e as 19,00 horas, na rúa da Raíña.

Baixo o lema 'Ti decides', a plataforma convocante sinalou que en todo o Estado se instalarán máis de 700 puntos de votación "conscientes" de que a consulta non terá carácter vinculante, pero consideran que é "unha vía de expresión, participación cidadá e un acto democrático".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta