O PP da Coruña reclama unha "gran programación" para o San Xoán

Por E.P. | A CORUÑA | 13/05/2022 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

O grupo municipal do PP no Concello da Coruña reclamou unha "gran programación" para o San Xoán e un "bo dispositivo" de seguridade para ese día.

Nun comunicado, e en alusión á alcaldesa, pídelle "organizar un importante dispositivo de seguridade en Orzán e Riazor, onde se concentra o maior número de persoas e tamén noutras zonas onde se acenden fogueiras, así como de limpeza das praias e dos barrios".

"Tamén é necesario preparar unha boa programación de actos para eses días, dada a condición de Festa de Interese Turístico Internacional", engade. Os populares, instan a non "improvisar" tendo en conta, engaden, que "150.000 persoas de media participan das fogueiras en toda a cidade, cen mil delas nas praias do centro".

Cacharela na noite se San Xoán
Cacharela na noite se San Xoán | Fonte: quepasanacosta.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta