O nomeamento de Rueda como presidente, ratificado no BOE e no DOG

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2022 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

O Boletín Oficial do Estado (BOE) e o Diario Oficial de Galicia (DOG) publican este venres o real decreto polo que se nomea presidente da Xunta a Alfonso Rueda Valenzuela, que tomará posesión do cargo este sábado.

O decreto, que asina o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, é un paso máis nos trámites que hai que cumprimentar para pechar no plano institucional a substitución de Alberto Núñez Feijóo. Chega despois de que o xefe do Lexislativo, Miguel Santalices, realizase por vía telemática na pasada xornada a comunicación formal da elección parlamentaria de Rueda ao Rei Felipe VI.

Rueda foi elixido presidente galego co apoio da maioría absoluta do Grupo Parlamentario Popular o xoves. É o sexto presidente de Galicia e o primeiro que accederá ao cargo despois da renuncia dun antecesor. 

Feijóo e Rueda saúdanse na Cámara autonómica.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Feijóo e Rueda saúdanse na Cámara autonómica.. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta