A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia aposta polas expresións incómodas

Celebrarase entre os días 15 e 24 de xullo co lema 'Actuando nas marxes'.

Por E.P. | Ourense | 13/05/2022 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia celebrará a súa 38ª edición entre os días 15 e 24 de xullo co lema 'Actuando nas marxes', que estará dedicada á marxinalidade, aos límites, ao prohibido, ao tabú, a todo aquilo que fai reir de forma incómoda.

Cartel da 38ª edición da Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia (Ourense).. MIT DE RIBADAVIA
Cartel da 38ª edición da Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia (Ourense).. MIT DE RIBADAVIA | Fonte: Europa Press

Esa é a idea forza coa que a MIT volve neste 2022: "É un tema estimulante, un concepto aberto, na liña da creación contemporánea e do seu carácter liminal, como quere ser este festival que sempre aposta por descubrir e explorar novas fronteiras e o modo de cuestionalas".

A organización do certame tamén presentou a imaxe da súa 38ª edición, cun deseño de A&B, un gabinete creativo de Ribadavia que xa forma parte do equipo habitual da MIT. O póster combina formas xeométricas e coloridas con fotografías dos corpos en escena de edicións anteriores fotografados por Rosiña Rojo.

A programación darase a coñecer ao longo do mes de xuño con todos os detalles de horarios de espectáculos, coproducións e actividades paralelas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta