Temas: CINE

Primeiras imaxes de 'As bestas', o filme de Sorogoyen rodado en Galicia

Estrearase no Festival de Cannes.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 13/05/2022 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

'As bestas', a nova película de Rodrigo Sorogoyen (Goya ao mellor director por 'El reino') que estreará no Festival de Cannes, publicou o seu primeiro teaser tráiler desta película rodada entre Galicia e O Bierzo. O filme, que se presentará na selección oficial Cannes Premier, está escrito polo propio director xunto a Isabel Peña, tándem que recibiu premios como o Goya ao mellor guión por 'El reino' e a Cuncha de Prata ao mellor guión por 'Que Dios nos perdone'.

Fotograma de 'As Bestas', película de Sorogoyen. Ao contraxeito FILMS
Fotograma de 'As Bestas', película de Sorogoyen. Ao contraxeito FILMS | Fonte: Europa Press

Está protagonizada por Marina Foïs, Denis Ménochet  os galegos Luís Zahera e Diego Anido, e Marie Colomb, acompañados de actores non profesionais.

Este thriller lembra o crime real de Santoalla, ocorrido en Petín (Ourense). Antoine e Olga son unha parella francesa que se instalou hai tempo nunha aldea do interior de Galicia. Alí levan unha vida tranquila, aínda que a súa convivencia cos aldeáns non é tan idílica como desexarían. Un conflito cos seus veciños, os irmáns Anta, fará que a tensión creza na aldea ata alcanzar un punto de non retorno.

Temas: CINE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta