Gmail por fin está en galego

Información de como configuralo no interior da noticia.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 08/07/2014 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia

O portal Mallando no Android informa que Gmail, o popular cliente de correo electrónico de Google, xa se pode utilizar na língua propia do país: "Aínda que  houbo que agardar algúns meses, desde esta mesma tarde xa temos a opción de activar o Gmail en galego. Para ilo só temos que entrar na configuración da nosa caixa de correo e seleccionalo. Así de doado".

Iago Martínez de Mallando no Android fedellando no móbil
Iago Martínez de Mallando no Android fedellando no móbil

configurar gmail ao galego

Mallando no Android reunírase cos directivos do xigante tecnolóxico en Madrid hai uns meses a debido a campaña  #AndroidEnGalego, que busca que o galego seña un idioma nativo nos trebellos cuxo sistema operativo é Android, é dicir, a maioría dos teléfonos intelixentes e tabletas que hai no mercado arestora. Daquela a inciativa que coordina Iago Martínez sacáralles a promesa de traducir o Gmail. Con todo, os ciberactivistas non baixaron a garda, seguiron realizando accións, como introducir comentarios nos foros de desenvolvemento da empresa e recoller firmas para que Google teña máis en conta o idioma de Galicia.

Coa chegada do galego, o popular servizo de correo electrónico de Google chega ás 71 linguas nas que pode ser empregado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Manu2

Xa hai semanas que se podía configurar en idioma galego. Ben, está ben que o recorden.

2 GZemP

Ordia, não posso acreditar: https://www.facebook.com/photo.php?...

1 Javier Puerto del Son