Premiados oito centros educativos no IV Concurso de Podcasts 'Radio na biblio' da RG e Xunta

Nesta cuarta edición do concurso participaron 70 centros educativos públicos que, en total, enviaron 105 traballos, segundo trasladou a Administración autonómica nun comunicado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2022 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia, en colaboración coa Radio Galega, galardoou este sábado a centros de Cedeira, Malpica, A Guarda, Vigo e A Coruña na cuarta edición do concurso de podcasts 'Radio na biblio', que premia a elaboración de produtos radiofónicos en galego.

O certame consta de catro modalidades en función do nivel de ensino: Infantil e primeiro ciclo de Primaria --de 3º a 6º de Primaria--, ESO e Bacharelato, ensinos de persoas adultas e ciclos formativos.

Nesta cuarta edición do concurso participaron 70 centros educativos públicos que, en total, enviaron 105 traballos, segundo trasladou a Administración autonómica nun comunicado.

Os traballos premiados foron retribuídos cun premio de 1.000 euros, e poderán visitar as instalacións da Radio Galega en Santiago de Compostela. Ademais, serán emitidos pola emisora pública e difundidos a través da súa web e a canle dixital do Diario Cultural.

'Radio na biblio' enmárcase no Plan de Lectura, Información e Aprendizaxe (LEA) 2021/2025 de Bibliotecas Escolares, que reforza os programas que inciden na formación do alumnado no seu acceso aos medios de comunicación.

Estudo da Radio Galega - Diario de Pontevedra
Estudo da Radio Galega - Diario de Pontevedra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta