Colaboración entre Deputación de Ourense e Amigos Vía da Prata para o congreso internacional dos Camiños de Santiago

Tras unha reunión entre o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e a directiva da asociación, encabezada polo seu presidente na provincia, José Luís Rodríguez Cid, reivindicaron que esta cita converterá Ourense na "capital da peregrinación xacobea" e porá en valor a Vía da Prata.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2022 | Actualizada ás 19:07

Comparte esta noticia

A Deputación de Ourense e Amigos da Vía da Prata avanzaron na organización do congreso internacional dos Camiños de Santiago, que se celebrará en Ourense do 20 ao 23 de abril de 2023.

Tras unha reunión entre o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e a directiva da asociación, encabezada polo seu presidente na provincia, José Luís Rodríguez Cid, reivindicaron que esta cita converterá Ourense na "capital da peregrinación xacobea" e porá en valor a Vía da Prata.

Nesta mesma liña, Baltar destacou a "visibilidade" internacional que proporciona a Ourense o Camiño Mozárabe e, nese contexto, o papel xogado pola Asociación Cultural de Amigos da Vía da Prata, xa que, asegurou, o seu labor é "fundamental" dentro da potenciación deste Camiño.

Segundo detallaron nunha nota de prensa, nesta primeira reunión oficial tamén participaron os vicepresidentes da asociación Eligio Neto e José Antonio Quintas, este último presidente do comité organizador.

Manuel Baltar repasou cos directivos algúns dos detalles dun evento que reunirá a máis de 300 asociacións xacobeas procedentes de ata unha vintena de países.

Reunión Manuel Baltar (Presidende Dá Deputación Ourense) Coa Aa Amigos Dá Via Dá Prada Representada Polo Seu Presidende Jose Luís Rodriguez Cid, E De Eligo Neto E José Antonio Quintas.. DEPUTACIÓN DE OURENSE
Reunión Manuel Baltar (Presidende Dá Deputación Ourense) Coa Aa Amigos Dá Via Dá Prada Representada Polo Seu Presidende Jose Luís Rodriguez Cid, E De Eligo Neto E José Antonio Quintas.. DEPUTACIÓN DE OURENSE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta