Carmela Silva sinalada como a presidenta provincial "con maior grao de transparencia" segundo un informe

O informe Dyntra sinala que Silva ten un grao de cumprimento dun 91,43% nos indicadores avaliados pola axencia.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 14/05/2022 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, é a líder provincial con maior grao de transparencia de España, segundo un estudo realizado por Dyntra. Segundo este informe, Carmela Silva, que se sitúa no primeiro lugar de entre os diferentes titulares dos 52 Gobernos provinciais e insulares, ten un grao de cumprimento dun 91,43% nos indicadores avaliados pola axencia.

Segundo detallou a Deputación nunha nota de prensa, o informe sinala que a presidenta provincial alcanzou un 100% de transparencia en información sobre o cargo, un 100% nos datos sobre o persoal de confianza, outro 100% na información económica-financeira, un83% en comunicación pública e un 50% na participación e colaboración cidadá.

Así mesmo, a institución destacou que ata o ano 2015 a deputación pontevedresa atopábase nos último lugares do Estado e puxo en valor que a puntuación que alcanza agora Carmela Silva supón "un fito" nos rankings de Dyntra, xa que a media é dun 43,64%.

Na mesma nota de prensa, a Deputación especificou que os indicadores que se avalían no caso dos líderes provinciais están desenvolvidos por un grupo de investigadores e actores sociais que son os encargados de comprobar os estándares de cumprimento.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA/RAFA ESTEVEZ / Europa Press
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA/RAFA ESTEVEZ / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta