Esgotadas as prazas para as rutas 'Maceiras en flor', organizadas pola Deputación de Pontevedra

A Deputación oferta seis novos cursos en liña e presencialmente a través de Smartpeme.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2022 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

As prazas para as rutas 'Maceiras en flor' xa se esgotaron, segundo informou a Deputación de Pontevedra, que organiza os itinerarios na zona da Estrada. A fin de semana, sinalan, a propia presidenta da Deputación, Carmela Silva, participou nas visitas á plantación de Callobre, tras o que se celebrou unha cata e degustación.

Ribela, A Peroxa e Camiño foron as outras tres rutas nas que participaron case 200 persoas que gozaron dun espectáculovisual único, no momento de maior esplendor da floración das maceiras. Unhas rutas, que a presidenta provincial cualificou de "gran proxecto" que ten por obxectivo "apoiar todo o que ten que ver coa creación da riqueza no rural sen perder a súa identidade".

Carmela Silva, que lembrou que a comarca de Tabeirós-Terra de Montes é líder no noroeste peninsular na produción de mazá ecolóxica, destacou "o importantísimo traballo das sidrerías que se fai no rural, un sector que hai que apoiar porque, ademais de fixar poboación e apostar por un produto de proximidade, calidade e sustentabilidade, representa tamén un produto de turismo exclusivo e singular".

A presidenta avanzou que xa traballan con axencias para establecer paquetes turísticos con proxectos como este vinculados ao territorio "que cheguen tamén ao interior da provincia". "Queremos dar ese salto cualitativo para atraer visitantes nun proxecto tan identificativo da provincia", comentou.

CURSOS SMARTPEME

Por outra banda, a Deputación oferta seis novos cursos en liña e presencialmente a través de Smartpeme. As accións tratarán temas como a creación de campañas con Google Adwords, optimización web con SEO, funcionamento de drones, networking con mulleres emprendedoras, creación de servidores en Wordpress ou fotografía de productospara E-commerce.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva | Fonte: Rafa Estévez - Deputación de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta