CUT-Xustiza considera "un erro" que no novo organigrama da Xunta non haxa unha Consellería específica

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2022 | Actualizada ás 10:27

Comparte esta noticia

A sección de xustiza do sindicato CUT considera "un erro" a falta dunha Consellería específica de xustiza, xa que, argumenta, nos próximos meses entrarán en vigor un paquete de tres leis -- Lei de eficiencia organizativa, Lei de eficiencia procesual e Lei de eficiencia dixital -- que aseguran suporá "o maior cambio na xustiza desde hai dous séculos".

Ante isto, aseguran que será "unha tarefa ardua" para "un leigo en dereito" que "terá que combinar cos labores propios de Presidencia e Deportes". Ademais, respecto ao novo presidente, Alfonso Rueda, desde o sindicato aseguran que lle darán un tempo de adaptación ao novo posto, pero esperan que a folga que se mantivo en xustiza durante máis de tres meses lles permita aprender que "a letra polo sangue non entra" e que lle permitan mellorar "o talante negociador".

Así mesmo,indican que "tendo en conta que o seu predecesor -- Alberto Núñez Feijóo -- non investiu en Xustiza o necesario" esperan que Alfonso Rueda, "coñecedor de primeira man da falta de investimento", adecue o investimento "ás necesidades de pobo galego, especialmente, "facendo fincapé nos tan abandonados xulgados do rural".

Nesta mesma liña, CUT-Xustiza demanda ao novo equipo de goberno solucionar problemas como o "funcionamento e falta de espazo" do novo edificio dos xulgados de Vigo, "a infradotación de persoal e xulgados nos pobos, a impantación do papel '0' ou a creación do Servizo Común de Dixitalización e Videoconferencia".

Por outra banda, esperan o nomeamento do director xeral de Xustiza e, neste sentido, agardan que "primen factores meritorios e non políticos", que permitan a consecución de "unha xustiza real, próxima e efectiva".

Xulgados de Vigo
Xulgados de Vigo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta