A CIG pide cambiar a "reaccionaria" política lingüística e de ensino da Xunta tras a chegada de Rueda

Demanda "un cambio de rumbo" ante a continuidade de Román Rodríguez.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2022 | Actualizada ás 12:42

Comparte esta noticia

A CIG-Ensino reclamou ao novo Executivo galego presidido por Alfonso Rueda a necesidade "dun cambio de rumbo" en materia de ensino e política lingüística ante a continuidade de Román Rodríguez como conselleiro, que ademais de Cultura, Educación e Universidade suma á nomenclatura do seu departamento a área de Formación Profesional.

Este luns levouse a cabo o acto de posesión do primeiro Gabinete do novo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nun executivo no que prosegue Rodríguez. Así, a organización sindical denunciou o "inmobilismo" da Xunta ante as demandas en educación solicitadas pola CIG, entre as que se inclúen as melloras das condicións laborais do profesorado, a calidade do propio sistema educativo e a defensa do galego nas aulas tras o "descenso de recursos" para o ensino público.

Para pór o foco nestes reclamos, a CIG puxo en marcha unha campaña que busca a ampliación dos cadros docentes, a mellora na atención á diversidade, a recuperación do horario lectivo de 18 períodos en secundaria e 21 en infantil e primaria, e a redución dos cocientes. En relación con estas dúas últimas medidas, a formación sindicalista denunciou que a postura da Xunta é "totalmente inmovilista" e "reaccionaria". Critica que a Consellería "non dá mostras" de querer realizar cambios.

POLÍTICA LINGÜÍSTICA

Algo similar denuncian en canto á regulación do uso da lingua galega nos centros educativos. "O novo Goberno non parece ter intencións de cambiar nada", afirmou a organización sindical. "De momento, nos borradores dos currículos da ESO e Bacharelato séguese mantendo a prohibición expresa de usar a nosa lingua nas materias que Feijóo impuxo a proscripción lingüística en 2010", denunciou a CIG a través dun comunicado a prensa.

A CIG-Ensino solicitou ao conselleiro de Educación que cese a "política negacionista" do pasado Goberno e que busque consensos na "defensa" da lingua.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, responde a unha pegunta no pleno da Cámara galega. XUNTA
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, responde a unha pegunta no pleno da Cámara galega. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta