O socialista Gonzalo Caballero sofre un aparatoso accidente de tráfico ao cruzarse uns patos na AP-9

O deputado recupérase "ben" do sinistro, segundo el mesmo ratificou, e está de alta hospitalaria cunha costela rota.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/05/2022 | Actualizada ás 16:27

Comparte esta noticia

O deputado socialista Gonzalo Caballero sufriu un accidente na AP-9 o pasado sábado, tras a toma de posesión do novo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pero recupérase "ben" do sinistro, segundo el mesmo ratificou, e está de alta hospitalaria.

Uns patos cruzan a AP-9  no accidente que afectou o deputado Gonzalo Caballero
Uns patos cruzan a AP-9 no accidente que afectou o deputado Gonzalo Caballero | Fonte: CEDIDA USUARIO AUTOESTRADA - Europa Press.

Aínda que foi "un susto gordo", tanto el, que viaxaba só no vehículo camiño da Coruña, como os ocupantes doutro vehículo saíron polo seu propio pé. Caballero foi trasladado ao hospital para realizarlle varias probas e detectóuselle unha costela rota, pero foi dado de alta e o domingo fixo "vida normal".

O accidente produciuse ao cruzar pola autoestrada, a uns 50 metros das cabinas de peaxe, un grupo de patos, o que provocou a reacción do coche que ía diante do de Caballero e o sinistro do coche en que viaxaba o deputado, que deu varias voltas de campá, pero do que conseguiu saír polo seu propio pé.

O deputado socialista e exsecretario xeral do PSdeG recibiu varias chamadas para coñecer o seu estado, entre elas, a do presidente da Cámara, Miguel Santalices, preocupado tamén esta semana pola saúde do portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, que se recupera "favorablemente" do seu infarto sufrido durante o debate de investidura de Alfonso Rueda a semana pasada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Blink8

Para dar varias vueltas de campana, la velocidad a la que debería circular a 50 metros de las cabinas sería muy superior a la permitida.

1 Sentidiño

Antes das cabinas, con Via-T, uns cincuenta por hora; saíndo da peaxe setenta ou oitenta. Pero se o vehículo que vai diante frea de golpe (como di a noticia), saes voando só co volantazo.