A USC bota man da intelixencia artificial para achegar o galego ás empresas

Vén de asinar un novo convenio coa Xunta para acelerar o 'Proxecto Nós'.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2022 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) asinaron este mércores o segundo convenio de colaboración co que o 'Proxecto Nós de Intelixencia Artificial ao servizo da lingua galega' co que a iniciativa entra na súa segunda fase grazas a unha inxección económica de máis de 600.000 euros.

Este novo acordo, explican nun comunicado, permitirá que os investigadores avancen co traballo de campo, deseñen prototipos dos recursos, experimenten cos primeiros demostradores e cren bancos de voz a disposición de toda a cidadanía para facilitar que empresas empreguen o galego nas súas tecnoloxías, entre outras accións.

Escenificaron a firma, no Edificio Fontán da Cidade da Cultura, o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez; a directora de Amtega, Mar Pereira; e o reitor da USC, Antonio López. "O galego apenas ten servizos, recursos, non hai case contidos en canto á tecnoloxía da linguaxe que permita desenvolver recursos. É como se faltasen as infraestruturas que vertebran un país. No ámbito da lingua hai que construílas no ámbito dixital", explicaron.

Mentres non se constrúan eses camiños "non hai posibilidade de importar ou de exportar" neste caso, o idioma, polo que a creación destes recursos será fundamental para "garantir que o galego goza de igualdade de oportunidades respecto das outras linguas coas que convive", en palabras do reitor da USC.

Con estes recursos traballarase, por exemplo, na xeración automática de textos a partir de datos ou nun prototipo de tradución automática para inglés e castelán que esperan se poña  en marcha en 2023. Esperan que mobilicen ao redor de 45 millóns de euros, sobre todo do ámbito privado, e xere 450 empregos. Dos máis de 626.000 euros cos que está dotado o convenio, a Secretaría Xeral de Política Lingüística achega 160.000 euros; Amtega, 340.000 euros; e a USC, 126.000 euros.

Edificio do CiMUS, da Universidade de Santiago de Compostela
Edificio do CiMUS, da Universidade de Santiago de Compostela | Fonte: USC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 uu1

Parabéns, boa iniciativa, desejo que chegue ao final e tenha aplicação pratica. Porque o projeto cotovia da universidade de Vigo ainda não o tem, se estou errado agradeceria saber como poder utilizar a aplicação.