Rueda teima en que a visita do emérito é "unha boa noticia para Galicia" para a "promoción" de Galicia

Sobre o malestar que poida xerar a visita do emérito, respondeu que el respecta "as opinións e pareceres de todo o mundo", pero insistiu en que considera que "moitísima xente en Galicia estará de acordo" en que, se decide vir á Comunidade, "ten todo o dereito e plena liberdade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2022 | Actualizada ás 15:31

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reafirmouse en que o feito de que o rei emérito Juan Carlos I recale en Sanxenxo como primeira parada da súa visita a España case dous anos despois da súa marcha a Abu Dabi é "unha boa noticia para Galicia" desde o punto de vista da "promoción" e de dar a coñecer á Comunidade como destino, dado que a localidade pontevedresa é "un referente turístico".

Fronte ás críticas que lle dirixiron os seus rivais políticos en relación á súa afirmación de que pon a Galicia "no mapa", a preguntas dos medios nun acto en Santiago, o presidente defendeu que utilizou "unha expresión coloquial" que o que significa é que interesa "desde o punto de vista da publicidade" que se fale de Galicia "como destino que moita xente pode elixir".

Neste sentido, reiterou que a visita do emérito é "unha boa noticia". "Quen queira terxiversarlo (o que dixo) é probablemente por outros motivos e outras razóns que non veñen ao caso", advertiu, para engadir que "todo o mundo entendería" que calquera outra interpretación á marxe do significado da expresión coloquial sería un uso que "non é" o que el quería darlle.

Sobre o malestar que poida xerar a visita do emérito, respondeu que el respecta "as opinións e pareceres de todo o mundo", pero insistiu en que considera que "moitísima xente en Galicia estará de acordo" en que, se decide vir á Comunidade, "ten todo o dereito e plena liberdade".

"Eu falaba de que vai ir a un dos referentes turísticos en Galicia desde o punto de vista da promoción e do coñecemento do principio da tempada estival. É unha boa noticia desde ese punto de vista. Non é a primeira vez que o rei vai estar (en Sanxenxo), o comoce moita xente e creo que é unha boa noticia para Galicia respectando todas as opinións", resolveu.

UN FIN DE SEMANA "BASTANTE OCUPADO"

Preguntado acerca de se coñece os pasos que dará o rei e se vai manter algún encontro con el durante a súa visita a Galicia, o presidente galego asegurou que coñece "o que se comenta a través dos medios" ou o que trasladou o alcalde de Sanxenxo, o popular Telmo Martín, pero a Xunta non ten ningunha "comunicación oficial".

E sobre se manterá algún encontro co rei, limitouse a manifestar que ten por diante "un fin de semana bastante ocupado" con respecto a unha visita da que non ten "comunicación oficial fin de semana para min bastante ocupado con respecto dunha visita da que non teño comunicación oficial algunha.

Rueda desprazarase este venres a Madrid a arroupar a Isabel Díaz Ayuso no congreso autonómico madrileño; e durante o sábado e o domingo será o protagonista do 18º conclave do PP galego, que lle situará a el como líder da formación en Galicia, dando por pechado a substitución de Alberto Núñez Feijóo tamén no partido.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visita o Grupo de Investigación GenViP.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visita o Grupo de Investigación GenViP.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta