Galicia terá o seu museo e casa en homenaxe ao chocolate

Estará ubicado en Parada de Sil na antiga Casa de Chocolate Casares de Teimende.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 11/07/2014 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Galicia tamén terá o seu particular homenaxe a ese doce negro que desata paixóns incontroladas. O Consello da Xunta autorizou este xoves a subscrición do convenio de colaboración para recuperar a que foi a Fábrica de Chocolates Casares en Parada do Sil durante todo o século XX e convertela na futura ‘Casa do Chocolate’, que funcionará como museo.

Chocolate
Chocolate

No museo ofrecerase un percorrido pola industria chocolateira do concello e a súa influencia na historia deste. Nas súas salas poderase amosar a maquinaria, os utensilios e os obxectos relacionados coa súa historia e o seu proceso de produción.

A nova infraestrutura potenciará as posibilidades turísticas deste concello enclavado na Ribeira Sacra e difundirá os recursos da zona vinculados coa industria.

A Xunta elixiu a Ribeira Sacara pola suba constante na cifra de viaxeiros e noites rexistradas nos establecementos hoteleiros da zona. Así, a estadía media subiu un 5,3%. Os viaxeiros nacionais no mes de maio  medraron un 39,2% respecto dos recibidos en maio de 2013 e os viaxeiros estranxeiros  medraron preto dun 15%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta