O emprego no turismo repunta un 18% en abril en Galicia, sete puntos por baixo da media do Estado

O turismo supera por primeira vez os niveis de emprego prepandemia, con 2,5 millóns de afiliados en abril

Por E.P. | Compostela | 19/05/2022 | Actualizada ás 11:24

Comparte esta noticia

O emprego no sector turístico creción un 18% durante o mes de abril en Galicia, sete puntos por baixo da media do Estado, onde se alcanzaron niveis prepandemia por primeira vez, con 2.555 millóns de afiliados á Seguridade Social, segundo os datos publicados este xoves por Turespaña.

No último ano xeráronse en Galicia 11.977 novas altas de traballadores novas altas de traballadores vinculadas a actividades turísticas, o que supón o sétimo mellor dato entre as autonomías, que suman un global de 465.978 altas.

Con todo, a Comunidade galega presenta o 14º mellor dato en termos porcentuais, cunha subida da taxa interanual do 18% que só empeoran País Vasco, Madrid e Ceuta e Melilla. Así, Galicia pechou o cuarto mes do ano con 56.384 asalariados e 22.186 autónomos. A variación respecto de 2021 é do 26,7% nos primeiros e do 0,5 nos segundos.

Transeúntes en Santiago de Compostela / César Arxina - Europa Press. / Europa Press
Transeúntes en Santiago de Compostela / César Arxina - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta