Por E.P. | Santiago de Compostela | 19/05/2022 | Actualizada ás 20:17
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, volveu a demandar unha redución do IVE do 10% ao 4% aos produtos pesqueiros para fomentar o seu consumo.
Na inauguración das XXIX Xornadas técnicas de Expomar, celebradas en Burela, sinalou a necesidade de equiparar o IVE dos produtos do mar aos produtos de primeira necesidade como o pan, o leite ou a froita, de forma que se fomente o seu consumo, especialmente, entre os máis novos.
Considera necesarias este tipo de medidas económicas para minorar o gasto das familias e reverter a pirámide de consumo, de forma que sexa a mocidade a que estea entre os maiores consumidores de peixes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.