Extinguido o incendio forestal en Pantón

O lume calcinou 2,9 hectáreas.

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 19/05/2022 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

O incendio orixinado ás 13,01 na parroquia de Pombeiro, no concello de Ferreira de Pantón, quedou extinguido ás 19,00 horas.

Segundo informou a Consellería de Medio Rural, o lume calcinou 2,9 hectáreas.

Para a súa extinción, traballaron dous avións, dous helicópteros, un axente, seis brigadas e dúas motobombas.

Un helicóptero traballa nun lume en Galicia
Un helicóptero traballa nun lume en Galicia | Fonte: que.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta