O sector servizos galego aumenta nun 16% a súa facturación

A suba ten lugar con respecto a marzo de 2021.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2022 | Actualizada ás 12:32

Comparte esta noticia

O sector servizos elevou a súa facturación un 16,3% en Galicia en marzo de 2022 respecto ao terceiro mes de 2021, segundo informou o Instituto Nacional de Estatística (INE) este venres. Este aumento é dous puntos inferior á media de incremento no Estado (18,2%). Nun mes de avances xeneralizados, Canarias está na cabeza no aumento con case un 50%.

Deste xeito, os servizos galegos acumulan 13 meses consecutivos de aumento nas súas vendas, xa que o último dato negativo produciuse en febreiro de 2021. No tocante á ocupación, aumenta un 3,2% na comunidade galega. Está por baixo da media española (4,8%). Crece en todas as autonomías, aínda que destaca a subida en Baleares (16,3%).

Arquivo - Decathlon estrea tenda na Coruña. DECATHLON - Arquivo
Arquivo - Decathlon estrea tenda na Coruña. DECATHLON - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta