Expulsados do PSOE os dous edís de Santa Comba que apoiaron a moción de censura do PP

Son José Antonio Ucha Velo e a Cristina Fajín Barreiro.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/05/2022 | Actualizada ás 16:54

Comparte esta noticia

A Comisión Executiva Federal do PSOE expulsou de forma definitiva do partido a José Antonio Ucha Velo e a Cristina Fajín Barreiro, os dous edís que en xuño de 2021 facilitaron unha moción de censura que deu a Alcaldía de Santa Comba ao PP.

María Pose, do PP, colle o bastón de mando como alcaldesa de Santa Comba tras a primeira moción de censura que gañou, cando gobernaba o PSOE
María Pose, do PP, colle o bastón de mando como alcaldesa de Santa Comba tras a primeira moción de censura que gañou, cando gobernaba o PSOE | Fonte: Europa Press.

En concreto, a popular María Pose fíxose co bastón de mando ao prosperar a moción de censura presentada polo PP, co apoio destes dous concelleiros do PSOE, contra o único edil de Compromiso por Galicia, o exalcalde David Barbeira.

Deste xeito, a Comisión Executiva Federal do Partido Socialista confirmou este venres o expediente disciplinario e a expulsión provisional aprobada o pasado mes de setembro pola decisión de ambos os dous de apoiar a moción de censura sen a autorización dos órganos competentes do PSOE.

O PSOE provincial da Coruña lembra que, segundo os estatutos do Partido Socialista, esta conduta debe ser sancionada coa expulsión e a perda definitiva da condición de afiliado no PSOE.

A resolución definitiva de expulsión, asinada polo secretario de organización da formación, Santos Cerdán, xa lle foi comunicada a Ucha e Fajín.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta