A Festa do Banquete de Conxo mantén a chocolatada e o concerto de peche malia o mal tempo

As actividades adiadas celebraranse o vindeiro día 29.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/05/2022 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago decidiu trasladar os actos programados para este domingo con motivo da Festa do Banquete de Conxo ao próximo domingo, día 29 de maio, debido ás previsións meteorolóxicas adversas. Así o avanzou este venres en rolda de prensa o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo. Ademais, o Mercado do Libro e da Artesanía na praza Aurelio Aguirre de Conxo seguirá co horario e actividades previstas tcomo o domingo.

Festa do Banquete de Conxo
Festa do Banquete de Conxo | Fonte: Concello de Santiago

O Consistorio compostelán detallou que as condicións meteorolóxicas adversas previstas o levaron a tomar a decisión de cancelar todos os actos da Festa do Banquete que estaban programados para o domingo, xornada na que o tren turístico que cobre o percorrido entre a Alameda e o barrio de Conxo tampouco prestará o servizo.

En particular, as actividades que seguen activas este domingo tal e como se prevía semanas atrás son o Mercado do libro e da artesanía, así como as charlas e presentacións proxectadas en interiores. Destaca neste aspecto o encontro con María Eiras na Libraría Atenea, a presentación do libro Florencio Delgado Gurriarán, de Tania do Pérez e Xosé Ramón Campos e a chocolatada das 20:00h, que será seguida media hora máis tarde por un concerto de peche ao cargo de Os d'abaixo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta