Galicia rexistra máis de 1.400 raios nas últimas horas

AEMET mantén un aviso amarelo por choiva e treboadas na montaña lucense.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/05/2022 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

Meteogalicia contabilizou máis de 1.400 raios entre as 12,00 horas deste sábado e as 12,00 horas deste domingo. En concreto, as horas de máis actividade eléctrica foron entre as 20,00 horas e as 04,00 horas. A pasada tarde os raios concentráronse maioritariamente na zona sur da comunidade, mentres que a partir das 00,00 horas afectaron en maior medida á provincia de Lugo e ao centro de Galicia. Para este domingo, a AEMET mantén un aviso amarelo por choiva e treboadas na montaña lucense.

Raio nunha treboada. Foto de arquivo.. EUROPA PRESS - Arquivo
Raio nunha treboada. Foto de arquivo.. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta