Rescatado un home de 76 anos tras pasar tres días malferido nunha leira en Poio

Foi trasladado ao hospital tras comprobar o seu estado de deshidratación e queimaduras.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/05/2022 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

A Policía Local do municipio pontevedrés de Poio rescatou este sábado a un home de 76 anos que levaba desde o xoves malferido tirado nunha leira da súa vivenda, na zona de San Martiño, despois de caerse ao chan e non ser capaz de levantarse.

Segundo informou a Policía, os axentes accederon ao lugar onde se atopaba o home, na leira da súa vivenda, sobre as 13,00 horas. Tras ser localizado e rescatado, foi evacuado por técnicos do 061 e trasladado ao Hospital de Montecelo "completamente aparvado, deshidratado e con queimaduras na cara e o corpo debido ao sol". Ademais, a Policía tamén detallou que presentaba diferentes traumatismos provocados ao tentar levantarse.

Nun comunicado, a Policía Local de Poio incidiu en que esta situación podería levar un posible desamparo, polo que se informou a outros departamentos municipais como Servizos Sociais.

Policía Local de Poio  en Raxó.. POLICÍA LOCAL. Arquivo.
Policía Local de Poio en Raxó.. POLICÍA LOCAL. Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta