Pontón propón unha partida de 700 millóns para frear a crise de prezos

O BNG replica a estratexia de gasto do Goberno central malia os dubidosos resultados colleitados polo Executivo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2022 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, remitiu este luns por carta ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, unha axenda de "prioridades" ante a "crise de prezos" que vive Galicia e que, como adiantou en días pasados, inclúe un paquete de 700 millóns de euros en medidas para aliviar a situación que viven os galegos, ademais un plan de atención primaria, medidas para unha "vellez digna" e actuacións concretas ante o "bum eólico".

En rolda de prensa este luns, Pontón indicou que lle brinda así "a primeira oportunidade" de "dialogar" nesta etapa que arrinca o Goberno da Xunta, ao que lle pide que "se poña as pilas" para "darlle solucións aos graves problemas" que ten Galicia. Ademais de remitir a que considera que debe ser a "axenda" prioritaria, Pontón avanzou que as medidas propostas tamén serán levadas en forma de iniciativas ao Parlamento de Galicia. Na carta, os nacionalistas unicamente ofrecen estas propostas sen pedir unha reunión específica ou un modo de abordalas, pero a portavoz nacional cre que son unha base para "dialogar".

"Estou convencida de que Rueda ten unha primeira oportunidade se quere dialogar e chegar a acordos no noso país", manifestou.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa este luns. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa este luns. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta