Temas: CINEMA DATOS

Galicia suma 13 novas pantallas de cinema e alcanza un total de 186

Hai 64 pantallas por cada millón de habitantes, por baixo da media española de 75 pantallas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2022 | Actualizada ás 20:50

Comparte esta noticia

Galicia conta con 186 pantallas repartidas nas súas salas de cinema a data de 1 de abril de 2022, o que supón 13 máis que o 1 de xullo de 2021.

Así se recolle no Censo de Salas de Cinema que elabora a Asociación para a Investigación de Medios de Comunicación (AIMC), que apunta que o número de locais e pantallas de cinema plenamente activos aumentou en España, polo que recupera os niveis de prepandemia e mesmo se chega a cifras que marcan o máximo desde 2014.

As 186 pantallas galegas supoñen o 4,6% do total de 3.626 existente en España. Sobre o global de Galicia, un 31,7% son pantallas de 3D. De tal forma, en Galicia hai 64 pantallas por cada millón de habitantes, por baixo da media española de 75 pantallas. É a quinta comunidade pola cola, cos peores datos en Estremadura (59,5). No outro extremo, sitúase A Rioxa (128,2).

Ourense é unha das provincias con menor concentración de pantallas por millón de habitantes, pois non se superan as 50, do mesmo xeito que en Teruel, Xaén e Toledo.

O número de locais de exhibición sitúase en 732 no Estado, cunha alza de 26 locais (+3,7%) con respecto ao último censo. Tamén se incrementa o número de salas/pantallas respecto ao ano anterior, concretamente un +1,8%, xa que se pasa de 3.563 a 3.626 (con 110 altas e 47 baixas).

No que respecta ao número butacas, a cifra fíxase en 758.795, que supón un crecemento de 6.504 (+0,9%) respecto ao estudo de 2021.

Sala de cinema. AIMC
Sala de cinema. AIMC | Fonte: Europa Press

Temas: CINEMA DATOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta