PSdeG e BNG reprochan á Xunta a "falta de compromiso" co sector do libro

A oposición pide medidas para fomentar a lectura.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2022 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

Os grupos parlamentarios do PSdeG e o BNG reclamaron á Xunta, no pleno do Parlamento galego, a adopción de medidas para axudar o sector do libro e fomentar a lectura, tras unha proposición non de lei dos socialistas sobre esta cuestión, que non saíu adiante ao non contar co apoio dos populares.

"É necesario implicarse a fondo, en todos os ámbitos", expuxo, na defensa desta proposición, a deputada socialista, Noa Susana Díaz, que recriminou ao Goberno galego non aprobar aínda un plan de dinamización da lectura. Do texto levado ao pleno, indicou que reflicte "as demandas do sector", á vez que denunciou "unha forte redución das axudas públicas" e a "pasividade" da Xunta nesta materia.

"Falta compromiso por parte do PP", dixo a parlamentaria nacionalista Mercedes Queixas para sumarse ás críticas ao Executivo galego. Estas foron rexeitadas pola parlamentaria do PP Sandra Vázquez, quen reivindicou o "plan de reactivación" no ámbito cultural promovido pola Xunta.

Unha moza cun libro
Unha moza cun libro | Fonte: 13 editora

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta