Rueda ofrece reunirse coa oposición en Galicia e urxe un encontro con Sánchez

"Unha cousa non pode condicionar a outra", aclarou o presidente da Xunta.

Por E.P. | VIGO | 26/05/2022 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, confirmou este xoves que mantén a súa intención de reunirse cos líderes da oposición en Galicia, "con independencia" de cando manteña a entrevista que solicitou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, aínda que recoñeceu que ten "urxencia" por verse co xefe do Executivo.

Así o manifestou en declaracións aos medios tras participar nun acto en Vigo, e sinalou que aínda non recibiu resposta á carta que remitiu a Sánchez a semana pasada para manter esa reunión. "Teño a maior urxencia por esa entrevista, porque os temas tamén son urxentes. O ideal sería ter unha resposta do presidente do Goberno a eses temas para trasladarlla aos líderes da oposición", sinalou Rueda.

Con todo, aclarou que "unha cousa non pode condicionar a outra", polo que mantén a súa man tendida nunha "oferta sincera" aos líderes de BNG e PSdeG, e expresou a súa esperanza de que dita oferta "sexa correspondida con lealdade". Por tanto, "con independencia de ser recibido ou non" por Pedro Sánchez, o titular da Xunta afirmou que manterá encontros cos líderes da oposición en Galicia.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nun acto en Vigo, xunto ao conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e a delegada territorial do goberno galego, Marta Fernández-Tapias, entre outros.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nun acto en Vigo, xunto ao conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e a delegada territorial do goberno galego, Marta Fernández-Tapias, entre outros. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta