A Xunta pide ao Goberno estatal que financie os servizos de dependencia

Galicia é unha das autonomías nas que menos se inviste en dependencia por persoa potencialmente dependente ao ano, con pouco menos de 600 euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2022 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

O novo vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, pediu este xoves ao Goberno central que "cumpra cos seus compromisos" e que financie os servizos de dependencia, debido á existencia "desde hai moitos anos" dun "déficit de financiamento" por parte do Estado.

Así o indicou en declaracións aos medios de comunicación antes de acudir a unha tradicional comida con afiliados do PP con motivo da Festa de Ascensión en Santiago. Segundo el, a Lei de Dependencia naceu no seu momento cun compromiso de financiamento por parte do Estado, das comunidades autónomas e das persoas usuarias.

"A día de hoxe o único que hai é financiamento por parte dos usuarios e a Comunidade. O que temos que pedir é que o Estado cumpra co que se comprometeu no seu momento para poder ter mellores servizos", reivindicou Calvo.

Todo iso despois de que nos últimos días se coñecese que Galicia é unha das autónomías nas que menos se inviste en dependencia por persoa potencialmente dependente ao ano, con pouco menos de 600 euros, segundo un informe da Asociación de Directores e Xerentes de Servizos Sociais.

Preguntado sobre se o Executivo autonómico culpa sempre ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, sobre o que ocorre en Galicia, Calvo explicou que a Xunta leva anos pedindo, por exemplo, unha solución ao prezo da luz para as industrias electrointensivas, algo que, segundo el, depende do Goberno central.

Tamén no caso da Sanidade, desde a Xunta lamentaron a falta de persoal médico en toda España e indicaron que esperan que o Goberno deixe que se cubran todos os facultativos que se necesitan

O presidente do Comité Electoral do PP, Diego Calvo, nunha reunión da xunta directiva provincial do PP, a 2 de maio de 2022, na Coruña. Foto de arquivo.. M. Dylan - Europa Press
O presidente do Comité Electoral do PP, Diego Calvo, nunha reunión da xunta directiva provincial do PP, a 2 de maio de 2022, na Coruña. Foto de arquivo.. M. Dylan - Europa Press

"Putin non goberna en España de ningunha das maneiras, pero o Estado si ten competencias en Galicia e os galegos votan", sentenciou o novo vicepresidente segundo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta