Catro accidentes en Galicia este venres provocados por xabarís

Un coche envorcou en Silleda ao tentar esquivar a un deles.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 27/05/2022 | Actualizada ás 10:06

Comparte esta noticia

O condutor dun vehículo que envorcou este venres na estrada N-525 ao seu paso polo municipio de Silleda por mor dun xabaril que interceptou na vía foi rescatado e asistido.

Segundo informou o 112 Galicia, o condutor, que quedou atrapado no interior do vehículo accidentado, chamou ao servizo de emerxencias para solicitar medios de rescate.

Segundo explicou aos xestores do servizo de emerxencias, era incapaz de abrir xanelas ou portas, polo que se pediu a colaboración dos Bombeiros do Deza, indicaron as mesmas fontes.

Así, tras as manobras de liberación, o ferido foi atendido por un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que, despois de ofrecer os primeiros coidados, evacuou ao condutor ao centro sanitario de referencia. O afectado estivo en todo momento consciente e colaborador ao achegar aos xestores a información necesaria para a súa localización, destacou o 112.

Este sinistro produciuse pouco antes das 6,00 horas deste venres á altura do quilómetro 313 da N-525, no lugar de Barravaite, en Silleda. Ata alí desprazouse tamén unha patrulla da Garda Civil de Tráfico.

OUTRO TRES ACCIDENTES

Por outra banda, o 112 Galicia indicou que se rexistraron tres accidentes máis con animais implicados durante a madrugada deste venres en Galicia.

Atropelo dun xabaril nunha estrada galega.
Atropelo dun xabaril nunha estrada galega.

Así, sobre as 7,00 horas na provincia de Ourense contabilizáronse tres sinistros máis con xabaríns implicados: un na OU-113 en Castrelo do Val e dous en San Cibrao das Viñas, na OU-0517 e OU-0516, respectivamente. En ningún dos casos houbo danos persoais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta