Naturgy prepárase para integrar a enerxía eólica na súa rede en Galicia

Investirá 545 millóns de euros nos próximos tres anos para aproveitar a 'avalancha eólica'.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2022 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

UFD, a distribuidora eléctrica do grupo Naturgy, investirá 545 millóns de euros ata 2025 en Galicia para dixitalizar a rede, reforzar as súas infraestruturas e elevar a súa calidade de subministración nesta Comunidade Autónoma. Segundo informa a compañía nun comunicado, os investimentos previstos destinaranse principalmente a "innovación e aplicación de novas tecnoloxías, para avanzar na telemedida e telexestión dos puntos de subministración, no telecontrol e sensorización, así como no robustecemento das infraestruturas".

O obxectivo final das actuacións previstas é optimizar o servizo aos clientes e "integrar na rede eléctrica o incremento da xeración renovable". A compañía apunta así subrepticiamente á explosión de proxectos eólicos no país, duramente cuestionado por plataformas ecoloxistas e veciñais que veñen de convocar unha nova gran manifestación para o vindeiro 5 de xuño en Santiago. 

Rede de Naturgy en Galicia. PABLO CANDAMIO
Rede de Naturgy en Galicia. PABLO CANDAMIO | Fonte: Europa Press

En calquera caso, Natugy asegura que no ano 2022 investirá 135 millóns de euros en proxectos de supervisión avanzada en baixa tensión, actuacións en media e alta tensión, ciberseguridade e xestión avanzada de activos, entre outros.

Os investimentos realizados en sensorización e dixitalización das súas infraestruturas permitiranlle incrementar a calidade da subministración eléctrica en Galicia, que actualmente xa supera nun 8% a media de calidade en España.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta