Formoso: "Mandaremos ao caixón da historia a Jácome e a Baltar"

O secretario xeral do PSdeG asegura que "devolverán a dignidade a Ourense".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2022 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, asegurou este sábado que os socialistas galegos "devolverán a dignidade a Ourense" e "mandarán ao caixón da historia" ao alcalde da capital ourensá, Gonzalo Pérez Jácome, e "ao 'baltarismo'". "O PSOE vai mandar ao caixón da historia ao 'baltarismo', a Jácome e a todo o que fixo sentir vergoña á provincia nos últimos anos", recalcou.

En declaracións aos medios durante un acto con alcaldes e portavoces locais socialistas no Carballiño, Formoso puxo en valor a "plataforma municipal" dos socialistas galegos, con gobernos "en cinco das sete grandes cidades" e nun total de 110 consistorios municipais, como argumento para "alcanzar a Xunta en 2024".

"Somos a plataforma na que a cidadanía deposita a súa confianza na parte institucional que máis lle preocupa e afecta o seu quefacer diario", apuntou. Ademais, defendeu que o proxecto do PSdeG apoia "unha Galicia máis nova e máis ilusionada". Nesta mesma liña, pediu "escoitar os sectores que requiren de ilusión e de confianza".

Así mesmo, sinalou que "con humildade, con moito compromiso e moito percorrer o país" o PSdeG poderá "conformar unha alternativa de goberno".

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, nun acto no Carballiño (Ourense). PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, nun acto no Carballiño (Ourense). PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta