Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/05/2022 | Actualizada ás 16:40
A familia dun veciño do Burgo, en Culleredo denunciou a desaparición do home, que falta do seu domicilio desde o 28 de maio, segundo precisou a Garda Civil.
A súa parella presentou denuncia comunicando que o home, de 55 anos, non regresara a casa despuésde finalizar a súa quenda de traballo. Por iso, a Benemérita iniciou unha investigación para esclarecer os feitos.
Fontes consultadas confirmaron que, de acordo coa información facilitada pola familia, o home, José Ángel Campelo, foi visto por última vez botando gasolina nun establecemento de Bergondo.
Campelo Gago ten 1,65 de estatura, con complexión normal, pelo canoso e a última vez que se lle viu vestía uniforme de traballo. O seu coche é un Citroën Xsra cor verdoso, de acordo co cartel difundido por SOS Desaparecidos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.