O Sergas busca 16 novos médicos de familia en 12 centros de saúde da área de Santiago e Barbanza

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2022 | Actualizada ás 17:26

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) busca contratar a 16 novos médicos de familia para 12 centros de saúde da área Sanitaria de Santiago e Barbanza, co fin de paliar o déficit de facultativos.

Segundo informou a área sanitaria compostelá nun comunicado de prensa, as 16 prazas ofertadas nesta convocatoria de médico especialista en Atención Primaria inclúe os centros de saúde da Estrada, A Pobra do Caramiñal, Ames-Bertamiráns, Arzúa, Boiro, Fontiñas en Santiago, Lalín --tres prazas--, Melide, Ordes, Rianxo --dous postos--, Ribeira --outros dous-- e Teo-Cacheiras.

O Sergas lembra que este martes termina o prazo para a presentación de solicitudes na Oferta Pública de Emprego da Xunta con 106 prazas de médico na especialidade de Atención Primaria.

Persoal sanitario nun centro de saúde en Ourense
Persoal sanitario nun centro de saúde en Ourense | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta