A Deputación de Pontevedra asina un convenio co CSIC para pór en valor o patrimonio arqueolóxico

O convenio inclúe a convocatoria dun programa aberto para que os concellos poidan presentar proxectos de intervencións arqueolóxicas non invasivas coa última tecnoloxía dispoñible no seu territorio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2022 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou este luns un convenio co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), valorado en 400.650 euros e con vixencia ata 2024, para a posta en valor do patrimonio arqueolóxico da provincia.

Xunto á presidenta participaron neste acto o delegado do CSIC, Javier Rey; o director do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT), Felipe Criado, e a investigadoras María Faro, Noemí Silva, César Parcero, Xosé Lois Armada e Elena Cabrejas.

No marco deste convenio analizaranse e estudaranse tanto as coleccións existentes como novos materiais, impulsaranse actividades de divulgación e, finalmente, apoiarase aos concellos nun ámbito tan específico como a investigación, preservación e promoción do seu patrimonio arqueolóxico.

Carmela Silva sinalou que este convenio nace da experiencia acumulada durante o convenio piloto asinado en 2020 e estreita a alianza científico-administrativa entre a Deputación de Pontevedra e o CSIC.

O convenio inclúe a convocatoria dun programa aberto, dirixido aos concellos, convocado con transparencia e concorrencia competitiva, para que poidan presentar proxectos para facer realidade intervencións arqueolóxicas non invasivas e coa última tecnoloxía dispoñible no seu territorio.

Carmela Silva destacou que son actuacións que serían moi complexas para pequenos municipios que albergan tesouros patrimoniais baixo terra. En base a este programa, neste ano seleccionaranse 8 proxectos, outros 3 en 2023 e, finalmente, outros 3 en 2024.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva | Fonte: Rafa Estévez - Deputación de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta