A Xunta pide máis coordinación entre institucións para a identificación precoz dos casos de violencia machista

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, esgrimiu que a coordinación é un "factor determinante" para conseguir unha mellor eficacia e complementariedade dos recursos destinados á intervención integral coas vítimas.

Por E.P. | LUGO | 30/05/2022 | Actualizada ás 20:56

Comparte esta noticia

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, participou este luns na reunión da mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia machista de Outeiro de Rei, onde destacou o importante papel deste órgano en "a prevención e actuación áxil" ante a detección de casos e para garantir a eficacia dos recursos destinados ás vítimas.

Entre outras cuestións, esgrimiu que a coordinación é un "factor determinante" para conseguir unha mellor eficacia e complementariedade dos recursos destinados á intervención integral coas vítimas e engadiu que as mesas locais constitúen unha ferramenta operativa na que están representados todos os axentes municipais implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia machista.

E é que, ademais de membros da Mancomunidade, dos concellos que a integran e da Xunta e do Goberno central; as mesas están conformadas por interlocutores dos Centros de Información á Muller, da Garda Civil e da policía local, así como persoal de centros educativos e sanitarios das localidades que integran o ente supramunicipal.

"A coordinación e a colaboración son as premisas fundamentais para unha atención máis áxil, eficiente e eficaz ás mulleres que ven vulnerados os seus dereitos por mor da violencia de xénero", remarcou. A representante autonómica sinalou que a Xunta está a impulsar a constitución destas mesas.

REDE DE ENTIDADES LOCAIS

Así mesmo, Xunta e Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) asinaron en 2012 un protocolo de colaboración para establecer unha rede de entidades locais contra a violencia machista para realizar, entre outras accións, programas de sensibilización social.

Froito deste acordo, a finais de 2021 estaban adheridas á rede un total de 219 entidades locais nas que a Secretaría Xeral da Igualdade desenvolveu de maneira gratuíta diferentes actividades nos concellos e mancomunidades que así o solicitaron. En concreto, realizáronse actuacións en 172 entidades.

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella,
A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, | Fonte: Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta