Aparece en bo estado o veciño de Culleredo que faltaba do seu domicilio desde o 28 de maio

O home fora visto por última vez botando gasolina nun establecemento de Bergondo.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 31/05/2022 | Actualizada ás 10:01

Comparte esta noticia

O veciño do Burgo, en Culleredo, que faltaba do seu domicilio desde o pasado 28 de maio, foi localizado en bo estado, segundo informou a Europa Press a Garda Civil.

Tamén a plataforma SOS Desaparecidos que informara do caso desactivou a procura do home de 55 anos e residente neste municipio coruñés.

A súa parella presentou denuncia comunicando que non regresara a casa despois de finalizar a súa quenda de traballo. Por iso, a Benemérita iniciou unha investigación para esclarecer os feitos.

José Ángel Campelo fora visto por última vez botando gasolina nun establecemento de Bergondo tras non regresar á súa vivenda e aínda vestía a indumentaria de traballo.

Axente da Guardia Civil
Axente da Guardia Civil | Fonte: Arquivo Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta