Cinco anos de cárcere por abuso para un home que deixou embarazada unha nena de 14 anos

Deberá indemnizar á menor con 6.000 euros polo dano moral causado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2022 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

A Sección Cuarta da Audiencia de Pontevedra condenou á pena de cinco anos e un día de prisión a un home por un delito continuado de abuso sexual a unha menor de 14 anos, á que deixou embarazada.

O xuízo resolveuse mediante un acordo de conformidade. O acusado recoñeceu a autoría dos feitos. A Fiscalía pedía inicialmente unha condena de oito anos de prisión para o acusado,  pero en virtude do acordo alcanzado e ao ter en conta a confesión, a reparación parcial do dano e o alleamento mental que padece o acusado, rebaixóuselle a pena ata os cinco anos e un día.

Unha vez que cumprise dous terzos desta pena o resto da condena poderá ser substituída pola expulsión do territorio estatal. Ademais, o tribunal impuxo ao acusado por un período de dez anos a prohibición de comunicación por calquera medio ou método, e de aproximación respecto da nena o seu domicilio ou calquera lugar onde se atope nun radio de 200 metros.

Tamén terá que cumprir a medida de liberdade vixiada por sete anos e seis meses, que se executará con posterioridade á pena privativa de liberdade. En concepto de responsabilidade civil deberá indemnizar á nena con 6.000 euros polo dano moral causado.

Segundo admitiu o acusado, cando tiña 26 anos de idade empezou a citarse coa menor coa que mantivo relacións sexuais completas durante catro meses "a propósito de que era menor de 16 anos". A nena chegou a quedar embarazada, xa que os abusos se produciron sen ningún tipo de protección. Este embarazo foi interrompido voluntariamente.

Audiencia Provincial de Pontevedra.
Audiencia Provincial de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta