Temas: ENCOROS AUGA

A reserva hídrica de Galicia perdeu na última semana 34 hectómetros cúbicos de auga

A maior parte produciuse en encoros da conca Galicia-Costa.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 31/05/2022 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

A reserva hídrica de Galicia perdeu na última semana 34 hectómetros cúbicos de auga, case todos en encoros da conca Galicia-Costa, segundo os datos difundidos este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Así, no últimos sete días, Galicia viu reducida ata o 57,1 % a súa reserva hídrica total, xa que a conca Miño Sil perdeu 4 hectómetros cúbicos, ata os 1.654 hectómetros cúbicos, e a de Galicia-Costa baixou de 497 a 467 hectómetros cúbicos embalsados.

Deste xeito, os encoros da conca Miño Sil atópanse ao 54,6 % da súa capacidade (unha décima menos que hai unha semana) e os de Galicia-Costa atópase ao 68,3 % da súa capacidade (4,4 puntos menos que hai sete días).

Dúas persoas miran o encoro de Salas na conca Miño-Sil, a 24 de agosto de 2021
Dúas persoas miran o encoro de Salas na conca Miño-Sil, a 24 de agosto de 2021 | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo

Os encoros soben esta semana ata o 46,4% da súa capacidade total.. MITECO
Os encoros soben esta semana ata o 46,4% da súa capacidade total.. MITECO | Fonte: Europa Press
Temas: ENCOROS AUGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta