A Xunta anima aos 219 concellos da rede contra a violencia de xénero a constituír mesas de coordinación

Por E.P. | Santiago de Compostela | 31/05/2022 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

A Xunta animou aos 219 concellos que forman parte da rede galega contra a violencia de xénero a constituír mesas de coordinación para avanzar na loita contra este problema. A mensaxe foi lanzada pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, durante a súa participación este martes na reunión da mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero do Concello de Soutomaior.

Mural realizado polas internas da prisión da Lama contra a violencia de xénero
Mural realizado polas internas da prisión da Lama contra a violencia de xénero | Fonte: INSTITUCIÓNS PENAIS - Arquivo.

A responsable do Goberno galego valorou o traballo que realizan estas mesas de coordinación á hora de promover políticas e actuacións para a detección de casos de violencia de xénero e para sensibilizar á cidadanía.

López Abella incidiu na importancia da transversalidade destes órganos, pois permite implicar a axentes do ámbito educativo, sanitario e servizos sociais.

Por tanto, a Xunta márcase como obxectivo "intensificar o traballo das mesas nos concellos que xa están constituídas e axudar á súa creación naqueles municipios nos que aínda non existen".

Por tanto, a Administración apela á constitución destas mesas de coordinación por parte dos concellos adheridos á rede de entidades locais contra a violencia de xénero, creada en 2012 no marco dun protocolo de colaboración asinado pola Xunta e a Fegamp.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta