Datos contra a alarma das ocupacións ilegais: baixan un 6,25% en Galicia no 2022

Descenden en todas as provincias galegas excepto en Lugo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2022 | Actualizada ás 18:59

Comparte esta noticia

Galicia contabiliza un total de 60 ocupacións ilegais de vivendas entre xaneiro e abril de 2022, un 6,25% menos que no mesmo período do pasado ano, segundo os datos facilitados este martes polo Ministerio de Interior.

En total, Galicia rexistrou o 1% das 5.931 ocupacións ilegais que se produciron durante os catro primeiros meses do ano no Estado, onde tamén baixan un 4% este tipo de actos.

Por provincias, A Coruña conta co maior número de vivendas ocupadas no que vai de 2022 cun total de 32, unha menos que en 2021. E é que todas as provincias galegas presentan un descenso salvo Lugo, que pasou de 1 a 8 vivendas ocupadas entre xaneiro e abril.

Pola súa banda, Pontevedra tivo un descenso do 21% ao rexistrar 15 polas 19 de hai un ano, mentres que en Ourense caen á metade ao producirse 5, 6 menos que en 2021.

Edificio tapiado
Edificio tapiado | Fonte: cuantovalemipiso

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta