O BNG apoia a iniciativa de Vía Galega para que Galicia teña seleccións deportivas en eventos internacionais

O PSdeG ve "inviable" que Galicia poida competir oficialmente e o PP abordará na súa próxima reunión a postura a adoptar.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 31/05/2022 | Actualizada ás 20:13

Comparte esta noticia

O BNG trasladou o seu apoio aos promotores da iniciativa que reclama que Galicia poida competir en deportes de forma oficial, unha proposta que o PSdeG ve "inviable". Así o comunicou a plataforma Vía Galega tras a rolda de reunións que mantivo este martes cos grupos da Cámara autonómica --PP, BNG e PSdeG--.

Recollen 4.326 sinaturas para 'esixir' seleccións galegas e o dereito a competir oficialmente en todas as disciplinas
Recollen 4.326 sinaturas para 'esixir' seleccións galegas e o dereito a competir oficialmente en todas as disciplinas | Fonte: Vía Galega

Ao termo dos encontros, os promotores da inicitiva que avoga polo dereito de Galicia a competir internacionalmente coas súas seleccións deportivas trasladaron que o BNG mostrou o seu apoio total á proposta.

Pola súa banda, o PSdeG situouse a prol dos puntos resolutivos da iniciativa agás na demanda da oficialidade, xa que entenden que levar a cabo esta proposta é "complexo e complicado", ademais de "inviable nos deportes onde compitan as federacións españolas".

En canto ao PP, segundo Vía Galega, os deputados Rubén Lorenzo e Daniel Veiga trasladaron que o grupo popular abordará na súa próxima reunión a postura a adoptar sobre esta iniciativa.

Así as cousas, Vía Galega insta a socialistas e populares a ter "altura de miras" e que asuman que as seleccións galegas "son realmente as que representan aos galegos e galegas".

"Non valen xustificacións de ningún tipo para non apoiar esta iniciativa, que está sustentada nunha reivindicación que vén de atrás, nun dereito colectivo que debe ter toda nación e que hoxe xa están exercendo 49 territorios e nacións que, sen ter Estado propio como Galicia, compiten oficial e internacionalmente coas súas seleccións deportivas", resalta a plataforma.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta